Le Petit Prince

Lembras cando de pequenos pensabamos que era unha casa no medio do mar?

A pesares da auga xeada non tiñamos forza para regresar á lancha, o mundo que nos esperaba entre as rochas e as algas era tan marabilloso que o frío non supoñía un problema. Cánto recordo os últimos baños ao anoitecer, semellaban ser unha maneira de olvidar os momentos tristes que tivemos este verán. Cando estás no medio da ría, o sol se escorrega no horizonte e Venus lle fai as beiras á lúa, daste contas que non hai problema sen solución. E que o que non ten solución non é un problema, é pasado.

lunes, 2 de febrero de 2009

Coche novo, vida ... a mesma

Ás veces os cambios son desexados e outras veces veñen obrigados. Era claro que se acabaría, pero non desta maneira, coas ventás rotas, os papeis remexidos, e as cintas do vello radiocasete entre os anacos de vidro.
A primeira vez que escoitei o nome de Dmitri Shostakovich foi nunha canción de P. Guerra, a segunda na derradeira película de Stanley Kubrick, Eyes Wide Shut. E dende entón, a súa música acompañoume. O venres recuperei ese vello cassette, mentras desguaces La torre tasaba o Golf en 60 tristes euros. E coa melodía na cabeza púxenme a falar co mozo:

- deume moitas alegrías.
- home, xa ten os seus anos.
- certo, pero de seguro non haberá outro igual.
- as novas xeracións non teñen tanto pulo.
- razón.
-...
- sabes? fai uns meses entramos tres persoas, con tres bicicletas e tres alforxas.
-...
- xa non terei ningún igual.
-...
-...
- toma os 60 euros, asina aquí por favor.
-...