Le Petit Prince

Lembras cando de pequenos pensabamos que era unha casa no medio do mar?

A pesares da auga xeada non tiñamos forza para regresar á lancha, o mundo que nos esperaba entre as rochas e as algas era tan marabilloso que o frío non supoñía un problema. Cánto recordo os últimos baños ao anoitecer, semellaban ser unha maneira de olvidar os momentos tristes que tivemos este verán. Cando estás no medio da ría, o sol se escorrega no horizonte e Venus lle fai as beiras á lúa, daste contas que non hai problema sen solución. E que o que non ten solución non é un problema, é pasado.

martes, 25 de noviembre de 2008

VILLAVERDE


VANTAXES

- Chego ao traballo en máis ou menos 20 minutos.
- Volto, obviamente, no mesmo tempo.
- Non soporto tráfico lento.
- O Carrefour está a 3 minutos en coche, eu tardo máis porque me lío coas rúas
- Teño unha cama grande, grande, de 1,35 cm.
- Hai un aseo que uso en exclusividade.
- Teño una armario tan grande que teño cada camisa e cada pantalón nunha percha, e entre elas 15 cm de aire.
- Na urbanización hai unha pista de tenis. Mágoa que non sei xogar. Tamén unha piscina, pero non abre até o 15 de xuño.
- Os meus compañeiros son xoves e traballan, así que non fan festas durante a semana.

DESVANTAXES

- Para ir ao centro de Madrid tardo moito en transporte público, e en coche é un cristo aparcar.
- Se me achego ao centro soporto unhas colas tremendas.
- Onde vivo non hai "vida de barrio", está nunha zona de urbanizacións novas pechadas en si mesmas, así que é aburrido.
- Esta zona é practicamente unha cidade dormitorio.
- Os meus compañeiros fan a súa vida, normal, pero poden pasar días sen que nos vexamos e falemos.
- Dous dos meus compañeiros son os donos da vivenda.


De todas as maneiras pode que en xaneiro estea traballando en Alcobendas, é dicir ao norte de Madrid, así que buscaría unha nova casa para compartir alí. E se teño sorte será con José Enrique, un amigo de Lyon, viviamos na mesma residencia e facía unhas comidas de luxo.
Por certo, o coñecín no ascensor da resi, eu ensaiaba o meu 'bonjour' e el me solta con acento cordobes un 'hola'. Joder tio, tan mal falaba francés que parecía castelán?? ;)

Esta é a miña habitación e estades convidados a vir. Tod@s.

lunes, 24 de noviembre de 2008

dende o centro comercial

é incríbel como avanza a tecnoloxía.estou escribindo este texto na cola dun supermercado co meu mobil.apertas en especial a garea que seguro que lle gusta esta entrada

viernes, 21 de noviembre de 2008

ai ai ai, guadaaaaaa

Facía moito tempo que non escribía, dende que estiven en Guadalajara. A última semana alí foi moi entretida, con moito traballo pero apaixoante. Por resumir, tratábase de facer unha nova distribución da nave, os entendidos chámanlle “Layout”, para intentar optimizar os tempos de recepción, preparación e expedición dos distintros productos que pasan polo almacén, e intentando minimizalos custes de ‘stockage’.

A fin de semana foi para facer turismo na provincia con Pebles, que quén sabe cando voltarei por alí.

Guadalajara é unha cidade pequena, eu a comparo con Ferrol, e ten algunhas cousas que ver, pero non é a típica turística, pode ser que estexamos mal acostumados con vivir tan preto de Santiago, pero de todas maneiras é cómoda e agradábel.

O domingo estivemos nas covas dos Casares, son covas con grabados do paleolítico, hai un guía que explica o porqué destes debuxos, as rutas dos homínidos, a súa alimentación etc, e incluso é quen de chamar “gilipoll*** , si ese, el de las cuevas de Altamira” (palabras textuais). O problema é que falaba tan rápido que os 20 primeiros minutos non lle entendín nada. Fóra ía un frío do demo, pero dentro das covas, a eso de 150 metros, estábase de luxo, 15ºC. O paisano dicía que de comezar a ver covas, facelo por estas, era como ir moi rápido, que o resto nos parecerían ‘reguleras’.

Despois vermut en Brihuega, un pobo realmete belo, cunha muralla árabe, e a praza de touros pegada a ela. Seguindo a recomendación dun compañeiro de traballo probamos os ‘guerrilleros’, son carabineros rebozados. É algo típico do interior, como o peixe non é o millor pois lle poñen salsas, etc.

O domingo, fun á miña nova casa, compartida claro, que os prezos son tan altos en Madrid que falar de aforro para os normais dos mortais é unha utopía. Teño unha habitación ampla, nunha urbanización nova, na que todos os días me esperto co amencer. Esto que parece unha chorrada non o é, xa que dá dous datos importantes sobre o modo de vida aquí.

1.- chove pouco ou case nada.

2.- amanece antes que en Galicia, polo que o aforro enerxético nas vivendas e nas empresas é menor que na nosa terra.

Por outra parte chego ao traballo en 15-20 minutos de coche, sen coller ningunha caravana, e á volta máis do mesmo. Así que estupendo, o malo, que a urbanización é como unha cidade dormitorio, triste en certa maneira, pero ... teño que estudar as opcións, porque ademais agora aparece outra variábel, que as oficinas, que están en Pinto, ao sur, vanse para o norte, a Alcobendas, parece ser. Así que toca mirar novo piso, mirar prezos e o tempo que tardo en chegar.

E por suposto, amigos, estades convidados a vir a Madrid, aquí vos espero!!

jueves, 6 de noviembre de 2008

ME LO DECÍA MI ABUELITO, ME LO DECÍA MI PAPÁ

Pois si, esto é o que cantaba o meu adorado Paco Ibañez no Olympia de París, fan xa case 40 anos, e desto me lembro eu agora...

me lo decía mi abuelito
me lo decía mi papá
me lo dijeron muchas veces
....



Así que me teño que comer todo o que eu lle dicía, o máis lindo, ao meu pai, "friki", pero sempre con agarimo. E vos preguntaredes, porque? pois porque é adicto aos ordenadores, á programación, e cousas desas, ... e lembreime del agora xa que no meu retiro espiritual-laboral en Torija-Guadalajara me entreteño aprendendo visual basic, que para quen saiba será unha chorrada, pero para min é todo un reto.

miércoles, 5 de noviembre de 2008

Tu viens d'où?

Pois si, eso é o que me preguntan ultimamente algunhas persoas. E debo dicir que as respostas son do máis variopinto.

Tu viens d'où? (de onde ves ti? traducción adicada á miña irmá)
segundo uns cabaleiros, cos que descarguei un contedor, de Francia, o outro dicía que de Venezuela.
Como non eran españois, pensei, é normal. Un era marroquí, o outro colombiano... e me dixo que pronuciaba como nas telenovelas!!! non engadirei comentarios, se non choro

Tu viens d'où?
eres francés?? preguntou outro traballador, este si era español, da mesma Castilla la Mancha. Abraiado fiquei, e aínda máis, cando ao eu dicirlle non, son galego, me mirou como se me mofara del.

tu viens d'où?

Da Galiza, meu, da Galiza

PD: xa me tarda voltar para recuperar o meu acento. Non hai dereito, persoas que están moitos anos fora da terra e o conservan, e eu que apenas acabo de deixala, o estou perdendo...non hai dereito

domingo, 2 de noviembre de 2008

MADRID

Madrid est une cité que te frappe avec son poing continuellement.
Après faire la fête en Chueca, voir les mecs avec ses costumes très élégants, très chers, les filles mignonnes en parlant sur les derniers nouvelles du Cosmopolitan, la vie réelle te frape.
Il y a des hommes et de femmes qui dorment dans la rue, garrottés sous la protection d'une entrée. Seulement couverts avec des vieux cartons, des vieux vêtements et en compagnie d'un break du vin.

Madrid me frape, et c'est pour ça que j'aime cette cité.



Madrid m'oublie à avoir les pieds sur terres.