Le Petit Prince

Lembras cando de pequenos pensabamos que era unha casa no medio do mar?

A pesares da auga xeada non tiñamos forza para regresar á lancha, o mundo que nos esperaba entre as rochas e as algas era tan marabilloso que o frío non supoñía un problema. Cánto recordo os últimos baños ao anoitecer, semellaban ser unha maneira de olvidar os momentos tristes que tivemos este verán. Cando estás no medio da ría, o sol se escorrega no horizonte e Venus lle fai as beiras á lúa, daste contas que non hai problema sen solución. E que o que non ten solución non é un problema, é pasado.

viernes, 21 de noviembre de 2008

ai ai ai, guadaaaaaa

Facía moito tempo que non escribía, dende que estiven en Guadalajara. A última semana alí foi moi entretida, con moito traballo pero apaixoante. Por resumir, tratábase de facer unha nova distribución da nave, os entendidos chámanlle “Layout”, para intentar optimizar os tempos de recepción, preparación e expedición dos distintros productos que pasan polo almacén, e intentando minimizalos custes de ‘stockage’.

A fin de semana foi para facer turismo na provincia con Pebles, que quén sabe cando voltarei por alí.

Guadalajara é unha cidade pequena, eu a comparo con Ferrol, e ten algunhas cousas que ver, pero non é a típica turística, pode ser que estexamos mal acostumados con vivir tan preto de Santiago, pero de todas maneiras é cómoda e agradábel.

O domingo estivemos nas covas dos Casares, son covas con grabados do paleolítico, hai un guía que explica o porqué destes debuxos, as rutas dos homínidos, a súa alimentación etc, e incluso é quen de chamar “gilipoll*** , si ese, el de las cuevas de Altamira” (palabras textuais). O problema é que falaba tan rápido que os 20 primeiros minutos non lle entendín nada. Fóra ía un frío do demo, pero dentro das covas, a eso de 150 metros, estábase de luxo, 15ºC. O paisano dicía que de comezar a ver covas, facelo por estas, era como ir moi rápido, que o resto nos parecerían ‘reguleras’.

Despois vermut en Brihuega, un pobo realmete belo, cunha muralla árabe, e a praza de touros pegada a ela. Seguindo a recomendación dun compañeiro de traballo probamos os ‘guerrilleros’, son carabineros rebozados. É algo típico do interior, como o peixe non é o millor pois lle poñen salsas, etc.

O domingo, fun á miña nova casa, compartida claro, que os prezos son tan altos en Madrid que falar de aforro para os normais dos mortais é unha utopía. Teño unha habitación ampla, nunha urbanización nova, na que todos os días me esperto co amencer. Esto que parece unha chorrada non o é, xa que dá dous datos importantes sobre o modo de vida aquí.

1.- chove pouco ou case nada.

2.- amanece antes que en Galicia, polo que o aforro enerxético nas vivendas e nas empresas é menor que na nosa terra.

Por outra parte chego ao traballo en 15-20 minutos de coche, sen coller ningunha caravana, e á volta máis do mesmo. Así que estupendo, o malo, que a urbanización é como unha cidade dormitorio, triste en certa maneira, pero ... teño que estudar as opcións, porque ademais agora aparece outra variábel, que as oficinas, que están en Pinto, ao sur, vanse para o norte, a Alcobendas, parece ser. Así que toca mirar novo piso, mirar prezos e o tempo que tardo en chegar.

E por suposto, amigos, estades convidados a vir a Madrid, aquí vos espero!!

2 comentarios:

Espe dijo...

sólo puedo decir 'cuando pueda cambie de sentido, y, a 300m, cambie de sentido'

Anónimo dijo...

Ahora en el sur, mañana al norte, todo en la vida es cambio y evolución. Alégrome moito de que o estean pasando ben, e moito mellor que esteas vivindo un montón de experencías que só na vida adulta de traballador e independente se posen vivir.
So decirche que teño moitas gañas de verte.
Biquiñosssssssssss dende a Galiza con moito arume de Ferrol.