Le Petit Prince

Lembras cando de pequenos pensabamos que era unha casa no medio do mar?

A pesares da auga xeada non tiñamos forza para regresar á lancha, o mundo que nos esperaba entre as rochas e as algas era tan marabilloso que o frío non supoñía un problema. Cánto recordo os últimos baños ao anoitecer, semellaban ser unha maneira de olvidar os momentos tristes que tivemos este verán. Cando estás no medio da ría, o sol se escorrega no horizonte e Venus lle fai as beiras á lúa, daste contas que non hai problema sen solución. E que o que non ten solución non é un problema, é pasado.

jueves, 23 de abril de 2009

ONDE O MUNDO CHÁMASE VILAESPESA



Meu pai repítenos moitas veces, que para el o mundo é Vilaespesa con casas darredor. De pequeno paréceche unha broma, pero a medida que un se fai grande percátase de que é unha das poucas verdades.
O mundo é onde se nace con casas darredor, e ese é o mundo da infancia. O mundo dos mellores recordos e de onde Peter Pan non quixo fuxir.
Teño unha débeda con Vilaespesa. Coas miñas lembranzas. Coa aira, os cadelos, o carro, as vacas, a segadora, o tractor no que montabamos todos os curmáns, as empacas de millo, o leite recén muxido, os sombreiros de palla, ... teño unha débeda coa miña familia.

lunes, 13 de abril de 2009

suspiráis princesa?


É o castelo do que máis recordos teño. está no pobo onde quixen nacer.
Ás veces, cando saio a correr polas corredoiras de Palas, ando lixeiro pensando, até que non o vexa no horizonte, non dou a volta.
De pequeno íamos tódolos curmáns a bañarnos no río que corre aos seus pés. Xogabamos na horta, e soñabamos en lanzar unha corda para ascender pola muralla e descubrir os tesouros dos tempos dos irmandiños.
Aínda segue sendo un soño, pois o dono dos meus recordos o ten pechado con sete chaves.