Le Petit Prince

Lembras cando de pequenos pensabamos que era unha casa no medio do mar?

A pesares da auga xeada non tiñamos forza para regresar á lancha, o mundo que nos esperaba entre as rochas e as algas era tan marabilloso que o frío non supoñía un problema. Cánto recordo os últimos baños ao anoitecer, semellaban ser unha maneira de olvidar os momentos tristes que tivemos este verán. Cando estás no medio da ría, o sol se escorrega no horizonte e Venus lle fai as beiras á lúa, daste contas que non hai problema sen solución. E que o que non ten solución non é un problema, é pasado.

jueves, 23 de abril de 2009

ONDE O MUNDO CHÁMASE VILAESPESA



Meu pai repítenos moitas veces, que para el o mundo é Vilaespesa con casas darredor. De pequeno paréceche unha broma, pero a medida que un se fai grande percátase de que é unha das poucas verdades.
O mundo é onde se nace con casas darredor, e ese é o mundo da infancia. O mundo dos mellores recordos e de onde Peter Pan non quixo fuxir.
Teño unha débeda con Vilaespesa. Coas miñas lembranzas. Coa aira, os cadelos, o carro, as vacas, a segadora, o tractor no que montabamos todos os curmáns, as empacas de millo, o leite recén muxido, os sombreiros de palla, ... teño unha débeda coa miña familia.

2 comentarios:

Antonio dijo...

Onde o mundo se chama Vilaespesa foi onde o teu pai adquiríu cultura. Saber facer unha flauta de castiñeiro, de salgueiro ou de cana de bambú. Recoñecer os ovos de merlo, de pombo, de pega, de azuleta, de rula ou de carrizo. Coller troitas á man. Engatuñar aos vídalos ou aos carballos. Poñer armadillas para cazar coellos e ichós para as perdices. ver bailar o sol polo san Xoan...despois aprendeu outras cousas. Teu pai di que todo o que sabe o aprendeu en Vilaespesa. Na Universidade almacenou datos e adquiríu lóxica pero a cultura débella aos sabios de vilaespesa: O señor Antonio de Marrunteiro (un gran contador de contos), o señor Avelino (ebanista e debuxante) O señor Jesús do Ferreiro (tiña unha forxa que funcionaba con carbón vexetal), o señor Celestino e sobre todo a avoa Nieves e os seus pais. A todos os sabios de Vilaespesa ten moito que lles agradecer, tamén a ti a María e a Juan que soubestes valorar a cultura dun mundo chamado Vilaespesa. Apertas

María dijo...

É curioso, onde o mundo se chama Vilaespesa é onde meu pai adquiríu cultura, para a miña nai foi en Palas de Rei, pero eu non podo poñer nome o meu mundo da cultura pq a maior parte foi na mesa da cociña cos meus pais, esa mesa (por suposto non o obxeto material en si) foi das cousas mais importantes da miña historia; nesa mesa soupen que os Reis Magos non existían, de onde viñan os nenos, que era a democracía, quen era Marx, Gabo e Heisenberg, os valores da familia, da amizade, as primeiras cuestions de sexo, e tantas e tantas cousas...
Pero son consciente q ese mundo onde eu adquirín a miña cultura é gracias o mundo de Vilaspesa do meu pai e o mundo de Palas de Rei da miña nai, porque sen os meus pais esa mesa non tería sentido.
Claro que teño unha débeda, non só con Vilaspesa e con Palas, senon cos meus pais e irmáns, pq deles aprendin case todo e cada día sigo aprendendo.
Gracias e biquiñossssss