Le Petit Prince

Lembras cando de pequenos pensabamos que era unha casa no medio do mar?

A pesares da auga xeada non tiñamos forza para regresar á lancha, o mundo que nos esperaba entre as rochas e as algas era tan marabilloso que o frío non supoñía un problema. Cánto recordo os últimos baños ao anoitecer, semellaban ser unha maneira de olvidar os momentos tristes que tivemos este verán. Cando estás no medio da ría, o sol se escorrega no horizonte e Venus lle fai as beiras á lúa, daste contas que non hai problema sen solución. E que o que non ten solución non é un problema, é pasado.

viernes, 26 de junio de 2009

MENÚ

Resumo das miñas vacacións na casa:

Sábado 1:
Cea: polbo á feira

Domingo:
Xantar: marraxo

Luns:
Xantar: pavo

Martes:
XantarRobaliza
Cea: sardiñas e polbo á feira

Mércores:
Xantar: polo

Xoves:
Merenda: un xeado na praia de Ber, e outro en Ferrol, os dous con Ton.
Cea: churrasco con cachelos.

Venres:
Xantar: centolas e xurelos

A miña avoa di que estou ben mantido ... :P

miércoles, 24 de junio de 2009

Coma un toupo


Estou de vacacións na casa, en Galiza. Unicamente de fin de semana a fin de semana, o tempo xusto para ver algúns amigos, saborear os pratos cociñados polos meus pais e dar algunha voltiña cos meus irmáns.
Tamén é o tempo xusto para facer a posta a punto. Non, do coche non, ... de min.
O caso é que dende fai anos teño gafas, pero tamén dende fai anos non as poño, sonme moi incómodas, e emprego lentes de contacto. Así que co paso do tempo as gafas quedáronse estancadas cunhas miopías que agora non teño nin de lonxe, ou de preto, que a máis de 30 centímetros non vexo nada máis que néboa.
Estiven o luns e o martes sen nada, para poder facer ben a graduación, e ... é unha aventura.
De comezo, ir a dar unha volta era moi frustrante, incapaz de diferenciar á xente, non recoñocía as súas caras, porque non era quen de velas. Solución, poñer cara de tonto, con medio sorriso e a mirada perdida no ceo, como ollando unha nube. Despois, para non ter cara de lelo durante tanto tempo, intentei probar distinguir á xente, pola forma e as cores. Mira, aí, pelo branco, barriga grande, todo de negro, acompañado por unha (?) muller, con pantalóns laranxas de quen pendura unha cadea, á cal leva preso un rato. Ai! non! debe ser un cadelo. Eso sí de cor branca. hehe, coas formas non, pero coa cores son un fenómeno. Entón... analizando o conxunto... sonche o Pepe, a Filomena, e o cadelo Tobías.
Seguinte: soa, ou so, cun carro da compra de cor rosa (se fora muller diferenciaría entre rosa palo, fuxia, etc...pero ....éche o que hai), camisa de manga curta, e un alo de laca.... éche a Carmen.
Seguinte proba, na praia. Levoume Pablo, un amigo do pobo.
- Mira, meu, imos ir a unha praia preto de Covas, que hai unha cachondas incríbeis.
- Home, e xusto hoxe, que non levo lentes... tamén ti... non será millor ir a unha caliña, tranquila, onde non haxa perigo de que tropece con ninguén. - haha, nada home, ti non te amoles, que o que ti non poidas ver o vexo eu polos dous
- ...
Alá marchamos á praia, primeiro uns toques co balón, despois un baño coa auga a 17 grados (traducción para os non galegos: fría de carallo!!!!), e a tomalo sol.
- Oe, neno, mira para aquela, ... a de rosa... ai mi mamiña... cómo está a cativa...
- ... ahá.... si...
- ostia!! e a amiga?válgame Dios,... vela?
- home, xusto hoxe... o que se di ver... non vexo nada.
- Mágoa, ... bah, éche millor, así non sufres
- ¿?¿?

viernes, 8 de mayo de 2009

valencia




Xa é triste estar en Valencia, dende hai dúas semanas, e non ter tempo para ver nada, nin sequera o mar, que sei que está, que de algo me valeron as clases de xeografía de Conchi, pero pouco máis... A boa nova, é que non teño tempo, porque teño moito traballo.


jueves, 23 de abril de 2009

ONDE O MUNDO CHÁMASE VILAESPESA



Meu pai repítenos moitas veces, que para el o mundo é Vilaespesa con casas darredor. De pequeno paréceche unha broma, pero a medida que un se fai grande percátase de que é unha das poucas verdades.
O mundo é onde se nace con casas darredor, e ese é o mundo da infancia. O mundo dos mellores recordos e de onde Peter Pan non quixo fuxir.
Teño unha débeda con Vilaespesa. Coas miñas lembranzas. Coa aira, os cadelos, o carro, as vacas, a segadora, o tractor no que montabamos todos os curmáns, as empacas de millo, o leite recén muxido, os sombreiros de palla, ... teño unha débeda coa miña familia.

lunes, 13 de abril de 2009

suspiráis princesa?


É o castelo do que máis recordos teño. está no pobo onde quixen nacer.
Ás veces, cando saio a correr polas corredoiras de Palas, ando lixeiro pensando, até que non o vexa no horizonte, non dou a volta.
De pequeno íamos tódolos curmáns a bañarnos no río que corre aos seus pés. Xogabamos na horta, e soñabamos en lanzar unha corda para ascender pola muralla e descubrir os tesouros dos tempos dos irmandiños.
Aínda segue sendo un soño, pois o dono dos meus recordos o ten pechado con sete chaves.


lunes, 2 de febrero de 2009

Coche novo, vida ... a mesma

Ás veces os cambios son desexados e outras veces veñen obrigados. Era claro que se acabaría, pero non desta maneira, coas ventás rotas, os papeis remexidos, e as cintas do vello radiocasete entre os anacos de vidro.
A primeira vez que escoitei o nome de Dmitri Shostakovich foi nunha canción de P. Guerra, a segunda na derradeira película de Stanley Kubrick, Eyes Wide Shut. E dende entón, a súa música acompañoume. O venres recuperei ese vello cassette, mentras desguaces La torre tasaba o Golf en 60 tristes euros. E coa melodía na cabeza púxenme a falar co mozo:

- deume moitas alegrías.
- home, xa ten os seus anos.
- certo, pero de seguro non haberá outro igual.
- as novas xeracións non teñen tanto pulo.
- razón.
-...
- sabes? fai uns meses entramos tres persoas, con tres bicicletas e tres alforxas.
-...
- xa non terei ningún igual.
-...
-...
- toma os 60 euros, asina aquí por favor.
-...

jueves, 29 de enero de 2009

Entre pitos e frautas...


Vai moito que non escribo, pero entre as viaxes a Tarragona e Galiza, non tiven moito tempo. Ademais agora xa teño coche novo, e abríronseme as posibilidades para facer deporte.
Atopei entre Ciempozuelos onde traballo e Madrid, onde durmo, unha piscina municipal e un ximnasio que pechan as 10 da noite, así que xa non teño desculpa para iniciar a recuperación da lesión.
De momento fun dous días a nadar e un ao ximnasio, e estou moi contento. Non teño dores, tan só lixeiras molestias. Quén sabe se para a primavera serei quen de correr...
A piscina é moi xeitosa, e vai pouca xente. Tamén é certo que vou as 8 ou 9 da noite, e a esas horas a xente fai vida familiar, como deus manda jeje.


De novo o deporte, de novo a esperanza.