Le Petit Prince

Lembras cando de pequenos pensabamos que era unha casa no medio do mar?

A pesares da auga xeada non tiñamos forza para regresar á lancha, o mundo que nos esperaba entre as rochas e as algas era tan marabilloso que o frío non supoñía un problema. Cánto recordo os últimos baños ao anoitecer, semellaban ser unha maneira de olvidar os momentos tristes que tivemos este verán. Cando estás no medio da ría, o sol se escorrega no horizonte e Venus lle fai as beiras á lúa, daste contas que non hai problema sen solución. E que o que non ten solución non é un problema, é pasado.

miércoles, 24 de junio de 2009

Coma un toupo


Estou de vacacións na casa, en Galiza. Unicamente de fin de semana a fin de semana, o tempo xusto para ver algúns amigos, saborear os pratos cociñados polos meus pais e dar algunha voltiña cos meus irmáns.
Tamén é o tempo xusto para facer a posta a punto. Non, do coche non, ... de min.
O caso é que dende fai anos teño gafas, pero tamén dende fai anos non as poño, sonme moi incómodas, e emprego lentes de contacto. Así que co paso do tempo as gafas quedáronse estancadas cunhas miopías que agora non teño nin de lonxe, ou de preto, que a máis de 30 centímetros non vexo nada máis que néboa.
Estiven o luns e o martes sen nada, para poder facer ben a graduación, e ... é unha aventura.
De comezo, ir a dar unha volta era moi frustrante, incapaz de diferenciar á xente, non recoñocía as súas caras, porque non era quen de velas. Solución, poñer cara de tonto, con medio sorriso e a mirada perdida no ceo, como ollando unha nube. Despois, para non ter cara de lelo durante tanto tempo, intentei probar distinguir á xente, pola forma e as cores. Mira, aí, pelo branco, barriga grande, todo de negro, acompañado por unha (?) muller, con pantalóns laranxas de quen pendura unha cadea, á cal leva preso un rato. Ai! non! debe ser un cadelo. Eso sí de cor branca. hehe, coas formas non, pero coa cores son un fenómeno. Entón... analizando o conxunto... sonche o Pepe, a Filomena, e o cadelo Tobías.
Seguinte: soa, ou so, cun carro da compra de cor rosa (se fora muller diferenciaría entre rosa palo, fuxia, etc...pero ....éche o que hai), camisa de manga curta, e un alo de laca.... éche a Carmen.
Seguinte proba, na praia. Levoume Pablo, un amigo do pobo.
- Mira, meu, imos ir a unha praia preto de Covas, que hai unha cachondas incríbeis.
- Home, e xusto hoxe, que non levo lentes... tamén ti... non será millor ir a unha caliña, tranquila, onde non haxa perigo de que tropece con ninguén. - haha, nada home, ti non te amoles, que o que ti non poidas ver o vexo eu polos dous
- ...
Alá marchamos á praia, primeiro uns toques co balón, despois un baño coa auga a 17 grados (traducción para os non galegos: fría de carallo!!!!), e a tomalo sol.
- Oe, neno, mira para aquela, ... a de rosa... ai mi mamiña... cómo está a cativa...
- ... ahá.... si...
- ostia!! e a amiga?válgame Dios,... vela?
- home, xusto hoxe... o que se di ver... non vexo nada.
- Mágoa, ... bah, éche millor, así non sufres
- ¿?¿?

1 comentario:

María dijo...

Terás cara, como é eso dos pratos cociñados polos teus pais se case toda a semana fixen eu a comida, bo, perdonocho pq eres así de feitiño q senón ibas cobrar, eh!!!!!
Moitos bicos e apertas dende a Galiza