Le Petit Prince

Lembras cando de pequenos pensabamos que era unha casa no medio do mar?

A pesares da auga xeada non tiñamos forza para regresar á lancha, o mundo que nos esperaba entre as rochas e as algas era tan marabilloso que o frío non supoñía un problema. Cánto recordo os últimos baños ao anoitecer, semellaban ser unha maneira de olvidar os momentos tristes que tivemos este verán. Cando estás no medio da ría, o sol se escorrega no horizonte e Venus lle fai as beiras á lúa, daste contas que non hai problema sen solución. E que o que non ten solución non é un problema, é pasado.

jueves, 29 de enero de 2009

Entre pitos e frautas...


Vai moito que non escribo, pero entre as viaxes a Tarragona e Galiza, non tiven moito tempo. Ademais agora xa teño coche novo, e abríronseme as posibilidades para facer deporte.
Atopei entre Ciempozuelos onde traballo e Madrid, onde durmo, unha piscina municipal e un ximnasio que pechan as 10 da noite, así que xa non teño desculpa para iniciar a recuperación da lesión.
De momento fun dous días a nadar e un ao ximnasio, e estou moi contento. Non teño dores, tan só lixeiras molestias. Quén sabe se para a primavera serei quen de correr...
A piscina é moi xeitosa, e vai pouca xente. Tamén é certo que vou as 8 ou 9 da noite, e a esas horas a xente fai vida familiar, como deus manda jeje.


De novo o deporte, de novo a esperanza.

miércoles, 21 de enero de 2009

TARRAGONA


Pues aquí me encuentro. Haciendo un visita de trabajo a una de las naves de la empresa. Concretamente en Valls. Como la empresa es francesa, y el único ibérico era yo, las reuniones han sido en francés. Desde las 8.30 hasta las 24h, todito. Bueno, yo mucho no hablé, pero me enteraba de casi todo. Y es que, ya casi puedo decir que lo domino para salir del paso, tener una conversación banal o una técnica, aunque en este caso debo ampliar mi vocabulario. Resumiendo, estoy encantado. Y eso, porque hace poco más de un año llegué a Lyon, sin tener ni idea, vaya, que en el aeropuerto le dije a la chica que vendía los billetes para el bus "Bonjour", y me dijo "queeee?"

Gracias, a todos a los que he cansado con mis preguntas, que vean que no fue en vano tanto esfuerzo.

Curiosidades: es el pueblo donde tiene su origen la policia catalana, los Mossos d'Esquadra, provienen de la policía creada por su alcalde en 1719
Comida: caracoles, ricos, ricos
Plato típico: calçotada, se prepara con cebolleta, su época es entre Diciembre y Marzo, se hacen a la brasa sobre tejas. Es un plato pesado, eso dicen, así que lo dejaremos para cuando no haya que trabajar después de comer.

domingo, 18 de enero de 2009

Viaxe de ida e volta

Un bo amigo escribiu "largo y triste viaje a París", non é o meu caso. Non o é de todo, pero si en parte.
O meu regreso a Madrid é ledo, pois o traballo gústame, pero é triste polo pouco tempo que tiven para estar cos meus amigos, e a miña familia. Supoño que será algo ao que deba acostumarme. Pero é difícil. Porque sodes importantes. Asi que, espero que non tardemos tanto en voltar a vernos. Na miña man está, pero tamén na vosa.

miércoles, 7 de enero de 2009

Tren

Traballo en Pinto pero non por moito tempo. E como en Valdemoro. Así que estou, facendo a graza, entre Pinto e Valdemoro.
Para ir ao traballo collo un tren. O coche que tiña estroupeouse e debo mercar outro. A megafonía avisa das paradas. "Próxima parada El Casar", "...San Cristobal", "...San Cristobal Industrial", "...Getafe Industrial", "...Pinto", aquí baixo. Hai veces que a megafonía non funciona. Entón uso un truco. Conto as paradas. A miña é a quinta. Como as veces perdo a conta porque pasan varios minutos entre unhas e outras uso outro truco. Unha das rúas que hai preto da miña oficina chámase "Calle Ferrol". A busco dende o vagón e nunca me perdo.