Le Petit Prince

Lembras cando de pequenos pensabamos que era unha casa no medio do mar?

A pesares da auga xeada non tiñamos forza para regresar á lancha, o mundo que nos esperaba entre as rochas e as algas era tan marabilloso que o frío non supoñía un problema. Cánto recordo os últimos baños ao anoitecer, semellaban ser unha maneira de olvidar os momentos tristes que tivemos este verán. Cando estás no medio da ría, o sol se escorrega no horizonte e Venus lle fai as beiras á lúa, daste contas que non hai problema sen solución. E que o que non ten solución non é un problema, é pasado.

viernes, 26 de octubre de 2007

UNHA NOITE DE CONCERTO

Lyon ofrece moitas posibilidades culturais con prezos moi bos para os estudantes, e unha destas son os concertos. Así que animados por Amador, un fenómeno que está sempre ao tanto, fumos el, Santi e máis eu a escoitar á Osquestra Nacional de Lyon. Dirixida por Jun Markl e coa participación, non moi afortunada, da violinista Akiko Yamada.


O millor do concerto foi Amador, porqué? Este compañeiro ten feito até décimo de piano, a súa cultura musical é vastisíma, e é quen de orientarnos sobre cómo vai ser, cales son as partes nas que debemos prestar máis atención, nos fala un pouco do director, da orquestra, da obra, as circunstancias nas que foi creada, e o que quere expresar. Amador = Argenta de Lyon







miércoles, 24 de octubre de 2007

A T1 existe...EU TAMÉN!!

Vaia, levaba unha morea de tempo sen escribir. Tanto que tiven que buscar a dirección en google do blog. Sei que é lamentable pero teño unha desculpa: estiven soñando.
Por se esta desculpa non vos convence, teño outra: non tiven tempo, entre o ordenador averiado, coñecer a cidade, a xente, comer algún crepes (filloas que lles chamamos na miña casa)e cumprimentar unha cantidade de papeis fóra do normal.
Como estou seguro que esta desculpa non vos vai valer, teño outra: algún dos soños que tiven na primeira desculpa se están a cumprir. Si.
Aquí naceu Antoine de Saint-Exupéry, e quero crer que nese neno que xogaba na praza de Bellecour, a peonil máis grande de Europa, naceu tamén Le Petit Prince.




Voici mon secret. Il est très simple: on ne voit bien qu'avec le cœur. L'essentiel est invisible pour les yeux.
E eiquí o meu segredo. É moi simple: só co corazón se pode ver ben. O esencial é invisible aos ollos.

Quizais tiven que marchar lonxe na procura do esencial, quizais o esencial é a distancia, quizais ... o que busque nunca o atope, pero no camiño Lyon vai deixar unha morea de imaxes e persoas.

Esta foto é do pasado sábado, que estivemos en Annecy, un pobo que paga a pena visitar, a uns 50 km de Xenebra, a pesar dos problemas que tivemos coa folga no sector ferroviario.




Os que están sentados son os meus amigos, pero xa vos falarei deles noutro momento.
Agora voume para a cama, que mañan ha de ser un día tamén moi longo, 12 do mediodía a xente marcha pra comer, así que facédevos unha idea da hora á que se erguen ;)