Le Petit Prince

Lembras cando de pequenos pensabamos que era unha casa no medio do mar?

A pesares da auga xeada non tiñamos forza para regresar á lancha, o mundo que nos esperaba entre as rochas e as algas era tan marabilloso que o frío non supoñía un problema. Cánto recordo os últimos baños ao anoitecer, semellaban ser unha maneira de olvidar os momentos tristes que tivemos este verán. Cando estás no medio da ría, o sol se escorrega no horizonte e Venus lle fai as beiras á lúa, daste contas que non hai problema sen solución. E que o que non ten solución non é un problema, é pasado.

sábado, 15 de diciembre de 2007

LA FÊTE DE LES LUMIÉRES (A festa das luces)

Aproveito o tempo morto en Barcelona para engadir cousas novas ao blog, en fin, será o meu destino estar nos aeroportos mínimo 10 horas :(. Pero por fin vou á casa, e vou comoer peixe, que deso en Lyon 'rien de rien', humm.

Estivemos de festa en Lyon, e había moitísima xente, pero en cambio non vimos charangas, nin o tiro, nin autos de choque, nin tiovivos, nada. Só unha noria, e mil postos de kebabs. Aínda así, foi impresionante, un broche ideal para rematar o segundo día en Alpe d'Huez.


jueves, 13 de diciembre de 2007

ALPE D'HUEZ 2

Hemos vuelto al Alpe d'Huez, parece ser que en Deux Alpes no estaban todas las pistas abiertas y para aprender es un poco peor. En mi grupo de debutantes éramos sólo 4, así que hemos aprovechado mucho el tiempo con el monitor para mejorar nuestra técnica, claro está que nuestro margén de mejora es infinito...
Al final de la tarde bajé dos veces por una pista azul, y vaya me comí dos leches de las que hacen época, incluído mortal, jajaja!! pero no he hecho la cuña en ningún momento.
Me lo he pasado como los niños, increíble.

El día fue impresionante, despues de pasar por cerca de Grenoble comenzó a nevar, parecía un cuento de navidad, y la subida a la estación amaneciendo era espectacular. Antes de la clase el monitor tenía ganas de un café y nos invitó, Jose Ignacio y yo pensamos que es para ligarse a una noruega, que la verdad vale más de un café.

Había tanta nieve y era tan blanda que cuando caíamos parecía que nos hundíamos en las nubes. Hizo sol toda la tarde así que espero que estas sean mis primeras vacaciones de navidad moreno ;)

lunes, 10 de diciembre de 2007

ESQUÍOS e ANOITECER

Preto de onde vivo hai un parque moi grande, Tete d'Or, pero para ver os esquíos non teño que saír da miña habitación, bástame con querer respirar aire fresco, así como a 2-3 ºC ;)



Aquí ás 5:00 xa se fai noite, a verdade é que me costa un pouco acostumarme, uff, menos mal que ao final non marchei a Noruega:

miércoles, 5 de diciembre de 2007

ALPE D'HUEZ

Estes días estou bastante atarefado, así que a crónica da miña primeira clase de esquí vai ser moi escueta.
31€ nos costou ir e voltar (obvio) + forfait + 3 horas con monitor = chollazo, e ademáis nos Alpes, que aí estivemos subindo as 21 curvas míticas do Alpe d'Huez, en bus, eso si, pero impresiona.
Neve non había moita, pero si a suficiente como para darnos algún bo golpe, que xa se sabe que os xoves de agora so aprendemos a paos ;)
Vos deixo unha montaxe en formato video, algo cutrilla, pero para saír do paso ben vale.
Ah, e para o sábado próximo, máis, Les Deux Alpes.

lunes, 3 de diciembre de 2007

ADOLFO ROS

Esta entrada é unha homenaxe a aqueles que correron a Media Maratón Volta á Ría de Ferrol, Memorial Adolfo Ros, e en particular aos que coñezo:
o meu tío Chiruco, un auténtico crack e exemplo para o meu irmán e pra min, cos nosos amigos de Pontevedra
o meu amigo Ton (Toncete), que a acabou moi ben, como eu xa sabía, estaba claro que apostaba a cabalo gañador
por último ao meu irmán Juan, que saca tempo de onde non o hai para adestrar, e que sufrindo moito a acabou cun tempo que non é o millor del, pero tampouco é malo, e seguro que na próxima batirá marca




A presentación está feita con fotos roubadas dun blog da peña de Fonte Do Campo, feitas polos Fer, un tiña a cámara e o outro as gominolas ;). Ala!! aí queda eso, e se non están de acordo os autores que me denuncien á SGAE jajaja!!!