Le Petit Prince

Lembras cando de pequenos pensabamos que era unha casa no medio do mar?

A pesares da auga xeada non tiñamos forza para regresar á lancha, o mundo que nos esperaba entre as rochas e as algas era tan marabilloso que o frío non supoñía un problema. Cánto recordo os últimos baños ao anoitecer, semellaban ser unha maneira de olvidar os momentos tristes que tivemos este verán. Cando estás no medio da ría, o sol se escorrega no horizonte e Venus lle fai as beiras á lúa, daste contas que non hai problema sen solución. E que o que non ten solución non é un problema, é pasado.

miércoles, 5 de diciembre de 2007

ALPE D'HUEZ

Estes días estou bastante atarefado, así que a crónica da miña primeira clase de esquí vai ser moi escueta.
31€ nos costou ir e voltar (obvio) + forfait + 3 horas con monitor = chollazo, e ademáis nos Alpes, que aí estivemos subindo as 21 curvas míticas do Alpe d'Huez, en bus, eso si, pero impresiona.
Neve non había moita, pero si a suficiente como para darnos algún bo golpe, que xa se sabe que os xoves de agora so aprendemos a paos ;)
Vos deixo unha montaxe en formato video, algo cutrilla, pero para saír do paso ben vale.
Ah, e para o sábado próximo, máis, Les Deux Alpes.

No hay comentarios: