Por se esta desculpa non vos convence, teño outra: non tiven tempo, entre o ordenador averiado, coñecer a cidade, a xente, comer algún crepes (filloas que lles chamamos na miña casa)e cumprimentar unha cantidade de papeis fóra do normal.
Como estou seguro que esta desculpa non vos vai valer, teño outra: algún dos soños que tiven na primeira desculpa se están a cumprir. Si.
Aquí naceu Antoine de Saint-Exupéry, e quero crer que nese neno que xogaba na praza de Bellecour, a peonil máis grande de Europa, naceu tamén Le Petit Prince.

Voici mon secret. Il est très simple: on ne voit bien qu'avec le cœur. L'essentiel est invisible pour les yeux.
E eiquí o meu segredo. É moi simple: só co corazón se pode ver ben. O esencial é invisible aos ollos.
Quizais tiven que marchar lonxe na procura do esencial, quizais o esencial é a distancia, quizais ... o que busque nunca o atope, pero no camiño Lyon vai deixar unha morea de imaxes e persoas.
Esta foto é do pasado sábado, que estivemos en Annecy, un pobo que paga a pena visitar, a uns 50 km de Xenebra, a pesar dos problemas que tivemos coa folga no sector ferroviario.

Os que están sentados son os meus amigos, pero xa vos falarei deles noutro momento.
Agora voume para a cama, que mañan ha de ser un día tamén moi longo, 12 do mediodía a xente marcha pra comer, así que facédevos unha idea da hora á que se erguen ;)
No hay comentarios:
Publicar un comentario