Le Petit Prince

Lembras cando de pequenos pensabamos que era unha casa no medio do mar?

A pesares da auga xeada non tiñamos forza para regresar á lancha, o mundo que nos esperaba entre as rochas e as algas era tan marabilloso que o frío non supoñía un problema. Cánto recordo os últimos baños ao anoitecer, semellaban ser unha maneira de olvidar os momentos tristes que tivemos este verán. Cando estás no medio da ría, o sol se escorrega no horizonte e Venus lle fai as beiras á lúa, daste contas que non hai problema sen solución. E que o que non ten solución non é un problema, é pasado.

lunes, 7 de julio de 2008

MA VOITURE

O meu coche é todo un clásico. Tanto que supera en idade a algúns lectores deste blog, quizáis á maioría. É un Golf, serie 2, a verdade que non sei máis datos técnicos, ..., si, é de cor vermella ;)
Antes foi da miña nai, e agora o uso eu. Dáme moi bo servizo. Hoxe falo del, xa que facía días que non o vía. O venres fun á homenaxe dun amigo árbitro que se retiraba, colgaba o silbato, e a pesar de que non tiña ningunha intención de saír de festa ao final lieime, e deixei a bala vermella en Ferrol, eu voltei en taxi pra casa. Xa sabedes, ante todo precaución. O sábado ía ir por el, pero despois da praia, saín outra vez por Ferrol, e de novo, non estaba en condicións para traelo á casa. E onte resaca, así que a durmir. Finalmente hoxe recuperei a miña xoia. É un tanque. Ten case tantos anos coma min e dá menos problemas hahaha! vaia que vai menos ao taller que eu ao médico.
Espero ir a Santander a finais de xullo, e de ir gustaríame facelo nel. É un coche ideal para viaxar.



A foto non é do meu, pero é o mesmo modelo, agás as llantas, que ten só un espello, que máis que vermello é rosa e que non brila nin de coña, na porta algun raiazo, ... pero de lonxe seguro que os confundides

1 comentario:

NtNtp dijo...

jaajaja

Tanto con mi coche mi coche mi coche, y al final resulta que no es el tuyo!!!! jajajaj Es como si yo digo "mi novia mi novia mi novia", y presento la foto de la novia de un amigo.... y digo "no es la mia, pero es del mismo modelo!!!"

Me ha hecho un montón de gracia!

Un abrazo