Le Petit Prince

Lembras cando de pequenos pensabamos que era unha casa no medio do mar?

A pesares da auga xeada non tiñamos forza para regresar á lancha, o mundo que nos esperaba entre as rochas e as algas era tan marabilloso que o frío non supoñía un problema. Cánto recordo os últimos baños ao anoitecer, semellaban ser unha maneira de olvidar os momentos tristes que tivemos este verán. Cando estás no medio da ría, o sol se escorrega no horizonte e Venus lle fai as beiras á lúa, daste contas que non hai problema sen solución. E que o que non ten solución non é un problema, é pasado.

jueves, 29 de noviembre de 2007

VISITA!!!

Pois si, fai moito que non escribo, e é porque tiven visita, viñeron a verme Dani e Manolo, dous colegas da uni, e de paso fixeron que ese acento galaico-gabacho que teño se achegue un pouco máis ao galego, sobretodo pensando nas próximas datas cando volte a casa e teña que aguantar as bromas dos amigos ;))
Visitamos a cidade, saimos de festa e eles o luns foron a esquiar aos Alpes, unha pasada, din.


visitaron á raíña de Inglaterra:




e tamén intentamos durmir cos cantos de serea:




Unha aperta moi grande amigos, e GRAZAS pola visita.

No hay comentarios: