
Ufff!! que barbaridade! canto tempo levaba sen dicir nada. E non é porque non teña cousas que contar, senon que pola pereza de escribir algo digno e á altura dun amigo que xa marchou: Santi (enano). Case que o último que fixemos xuntos foi a maratón, e despois falar e falar. Como todavía lle estou a dar voltas á entrada que lle farei hoxe vou falar de cousas máis vulgares. A roupa, as cores e porque debemos separala antes de metela na lavadora.
Pois, pode que non dependa a nosa vida de eso, pero fastidia ... e mirade que xa nolo advertiron moitas veces na casa "a roupa de cor xunta e a branca xunta" non mistures que vai ser o demo!" e o demo foi... desteñíronme 3 polos, unha mágoa. Así que me vin buscando en internet un remedio, e hainos para todo, é incríbel, dende como ter o televisor sen pó, até como limpar os zapatos de charol. Primeiro íame rir vendo esas páxinas de marujas.com, como ser a muller perfecta, pero despois enfadeime porque aos homes non nos teñen en conta...e por último estou rezando para que funcione ese remedio caseiro...deus dirá.
Así que hoxe a miña homenaxe ao loureiro, a ver se funciona para máis cousas que darlle sabor ao marisco e facer as brevaxes de Panoramix
No hay comentarios:
Publicar un comentario