Le Petit Prince

Lembras cando de pequenos pensabamos que era unha casa no medio do mar?

A pesares da auga xeada non tiñamos forza para regresar á lancha, o mundo que nos esperaba entre as rochas e as algas era tan marabilloso que o frío non supoñía un problema. Cánto recordo os últimos baños ao anoitecer, semellaban ser unha maneira de olvidar os momentos tristes que tivemos este verán. Cando estás no medio da ría, o sol se escorrega no horizonte e Venus lle fai as beiras á lúa, daste contas que non hai problema sen solución. E que o que non ten solución non é un problema, é pasado.

viernes, 4 de julio de 2008

Doa un bic, doa coñecemento

A vida sorpréndenos en tantas ocasións, que debera a obrigarnos ser coma nenos.
Eu teño, e non é que me sinta moi orgulloso, unha gran colección de bolígrafos BIC, son os meus preferidos, adoezo por eles, son moitas as motivacións, foron os primeiros en poñerlle unha boliña para controlar o fluxo da tinta, son baratos, e ademáis podes facer chuletas neles ... (sen comentarios).
O caso é que hoxe a miña nai, cando viu a miña habitación chea de caixas para tirar, e observou un feixe destes con tal destino, recriminoume a miña intención, e claro eu pensei, teñen tinta e aínda se poden usar, pero non, os quere de recordo, coas súas chuletas. Non me digades que non é tenro, eh?!

2 comentarios:

Mr.Fer dijo...

Voy a fundar la Plataforma para la desparicion del boli BIC.

Los profesionales de la literatura usamos Pilot V7, todavia hay clases.

xabi dijo...

profesionais da literatura?

esixo unha explicación, hahaha!!!
ese boli, o que ti usas, é os dos pijos, eu non digo nada, pero ti saberás ...