VANTAXES
- Chego ao traballo en máis ou menos 20 minutos.
- Volto, obviamente, no mesmo tempo.
- Non soporto tráfico lento.
- O Carrefour está a 3 minutos en coche, eu tardo máis porque me lío coas rúas
- Teño unha cama grande, grande, de 1,35 cm.
- Hai un aseo que uso en exclusividade.
- Teño una armario tan grande que teño cada camisa e cada pantalón nunha percha, e entre elas 15 cm de aire.
- Na urbanización hai unha pista de tenis. Mágoa que non sei xogar. Tamén unha piscina, pero non abre até o 15 de xuño.
- Os meus compañeiros son xoves e traballan, así que non fan festas durante a semana.
DESVANTAXES
- Para ir ao centro de Madrid tardo moito en transporte público, e en coche é un cristo aparcar.
- Se me achego ao centro soporto unhas colas tremendas.
- Onde vivo non hai "vida de barrio", está nunha zona de urbanizacións novas pechadas en si mesmas, así que é aburrido.
- Esta zona é practicamente unha cidade dormitorio.
- Os meus compañeiros fan a súa vida, normal, pero poden pasar días sen que nos vexamos e falemos.
- Dous dos meus compañeiros son os donos da vivenda.
De todas as maneiras pode que en xaneiro estea traballando en Alcobendas, é dicir ao norte de Madrid, así que buscaría unha nova casa para compartir alí. E se teño sorte será con José Enrique, un amigo de Lyon, viviamos na mesma residencia e facía unhas comidas de luxo.
Por certo, o coñecín no ascensor da resi, eu ensaiaba o meu 'bonjour' e el me solta con acento cordobes un 'hola'. Joder tio, tan mal falaba francés que parecía castelán?? ;)
Esta é a miña habitación e estades convidados a vir. Tod@s.