Le Petit Prince

Lembras cando de pequenos pensabamos que era unha casa no medio do mar?

A pesares da auga xeada non tiñamos forza para regresar á lancha, o mundo que nos esperaba entre as rochas e as algas era tan marabilloso que o frío non supoñía un problema. Cánto recordo os últimos baños ao anoitecer, semellaban ser unha maneira de olvidar os momentos tristes que tivemos este verán. Cando estás no medio da ría, o sol se escorrega no horizonte e Venus lle fai as beiras á lúa, daste contas que non hai problema sen solución. E que o que non ten solución non é un problema, é pasado.

viernes, 26 de diciembre de 2008

PRETO

Case podo agarimar Palas. Ulir a leña que se queima na cociña. Escoitar o barullo do corredor, onde as muletas da miña avoa se mesturan cos berros dos cativos. Sentir como escachan os envoltorios dos agasallos. E sentir os bicos. Porque aquí, na Galiza, os bicos de verdade, teñen son.
Imaxínome erguéndome das literas, e ao abrir a porta da cociña, ver á miña avoa, co seu descafeinado, sentada tralo forno de leña. "A ver javieriño, que tomas?¿non tes fame?¿servídelle algo a este rapaz!".
Imaxínome en Palas, pero estou en Lugo, levo dúas horas, e a espera será de trinta minutos máis, porque o "coche" que seguirá o sinal do fume, até a cociña de leña non ten tanta presa coma min en chegar.
Chegarei de mañá, todo o mundo estará esperto, e eu derrotado por unha viaxe que finalmente será de máis de 10 horas. Pero ledo. Porque fai case 3 meses que non vexo á miña familia.

No hay comentarios: