Le Petit Prince

Lembras cando de pequenos pensabamos que era unha casa no medio do mar?

A pesares da auga xeada non tiñamos forza para regresar á lancha, o mundo que nos esperaba entre as rochas e as algas era tan marabilloso que o frío non supoñía un problema. Cánto recordo os últimos baños ao anoitecer, semellaban ser unha maneira de olvidar os momentos tristes que tivemos este verán. Cando estás no medio da ría, o sol se escorrega no horizonte e Venus lle fai as beiras á lúa, daste contas que non hai problema sen solución. E que o que non ten solución non é un problema, é pasado.

miércoles, 7 de enero de 2009

Tren

Traballo en Pinto pero non por moito tempo. E como en Valdemoro. Así que estou, facendo a graza, entre Pinto e Valdemoro.
Para ir ao traballo collo un tren. O coche que tiña estroupeouse e debo mercar outro. A megafonía avisa das paradas. "Próxima parada El Casar", "...San Cristobal", "...San Cristobal Industrial", "...Getafe Industrial", "...Pinto", aquí baixo. Hai veces que a megafonía non funciona. Entón uso un truco. Conto as paradas. A miña é a quinta. Como as veces perdo a conta porque pasan varios minutos entre unhas e outras uso outro truco. Unha das rúas que hai preto da miña oficina chámase "Calle Ferrol". A busco dende o vagón e nunca me perdo.

2 comentarios:

ton dijo...

Alaaaaaaaaaaaaaaa, pero vaya truco, es algo increíble, asocias números a las paradas, tengo un fuego en el cuerpo que mañana voy a probarlo en el bus Ares-Mugardos. Un abrazo muy grande Xabi, siento que estas navidades sólo nos hayamos visto en la cena, a ver si pronto voy a Madrid y volvemos a meternos unas tapasde esas guays que conoces, cuidate.

Anónimo dijo...

É incrible, pensar k che mandamos a universidade para poder facer esta clase de loxismos!!!!!!!!!!!menos mal que os nosos cartiños estan ben invertidos!!!!!
Pero o mellor de todo é que tanto tempo escapando de Ferrol e ó final é Ferroliño quen che esina o camiño....
Biquiñossssssssssss dende a Galiza.
Apertasssssssssssss dende Ferrol