Le Petit Prince

Lembras cando de pequenos pensabamos que era unha casa no medio do mar?

A pesares da auga xeada non tiñamos forza para regresar á lancha, o mundo que nos esperaba entre as rochas e as algas era tan marabilloso que o frío non supoñía un problema. Cánto recordo os últimos baños ao anoitecer, semellaban ser unha maneira de olvidar os momentos tristes que tivemos este verán. Cando estás no medio da ría, o sol se escorrega no horizonte e Venus lle fai as beiras á lúa, daste contas que non hai problema sen solución. E que o que non ten solución non é un problema, é pasado.

jueves, 6 de noviembre de 2008

ME LO DECÍA MI ABUELITO, ME LO DECÍA MI PAPÁ

Pois si, esto é o que cantaba o meu adorado Paco Ibañez no Olympia de París, fan xa case 40 anos, e desto me lembro eu agora...

me lo decía mi abuelito
me lo decía mi papá
me lo dijeron muchas veces
....



Así que me teño que comer todo o que eu lle dicía, o máis lindo, ao meu pai, "friki", pero sempre con agarimo. E vos preguntaredes, porque? pois porque é adicto aos ordenadores, á programación, e cousas desas, ... e lembreime del agora xa que no meu retiro espiritual-laboral en Torija-Guadalajara me entreteño aprendendo visual basic, que para quen saiba será unha chorrada, pero para min é todo un reto.

2 comentarios:

Antonio dijo...

Si son un "freak" pero á forza. non son adicto aos ordenadores, aínda que algunha vez che parecese. Os programadores din que a única programación de valor é a orientada a obxectos, pero non fagas caso: con visul basic para excell fánse moitas cousas,sobre todo cando tes que traballar con datos. Esto que digo pode sonar a blasfemia para un exeñeiro de sistemas, pero xa me confesei ante unha foto de Linus Benedict Torvalds, para que me perdoase todolos pecados cometidos ante os iformáticos. Unha aperta e viva Vilaespesa ceibe

Anónimo dijo...

primeiro_ nunca nos engañaches javier, eres un "friki", non aos niveis de Chikilicuatre, pero o eres,
Segundo_ digo máis, viva Vilaespesa Ceibe e Repúblicana.

e como diría Butanito, "saludossssssssssssss cordialeees"