Le Petit Prince

Lembras cando de pequenos pensabamos que era unha casa no medio do mar?

A pesares da auga xeada non tiñamos forza para regresar á lancha, o mundo que nos esperaba entre as rochas e as algas era tan marabilloso que o frío non supoñía un problema. Cánto recordo os últimos baños ao anoitecer, semellaban ser unha maneira de olvidar os momentos tristes que tivemos este verán. Cando estás no medio da ría, o sol se escorrega no horizonte e Venus lle fai as beiras á lúa, daste contas que non hai problema sen solución. E que o que non ten solución non é un problema, é pasado.

miércoles, 5 de noviembre de 2008

Tu viens d'où?

Pois si, eso é o que me preguntan ultimamente algunhas persoas. E debo dicir que as respostas son do máis variopinto.

Tu viens d'où? (de onde ves ti? traducción adicada á miña irmá)
segundo uns cabaleiros, cos que descarguei un contedor, de Francia, o outro dicía que de Venezuela.
Como non eran españois, pensei, é normal. Un era marroquí, o outro colombiano... e me dixo que pronuciaba como nas telenovelas!!! non engadirei comentarios, se non choro

Tu viens d'où?
eres francés?? preguntou outro traballador, este si era español, da mesma Castilla la Mancha. Abraiado fiquei, e aínda máis, cando ao eu dicirlle non, son galego, me mirou como se me mofara del.

tu viens d'où?

Da Galiza, meu, da Galiza

PD: xa me tarda voltar para recuperar o meu acento. Non hai dereito, persoas que están moitos anos fora da terra e o conservan, e eu que apenas acabo de deixala, o estou perdendo...non hai dereito

1 comentario:

Anónimo dijo...

Hola hermano, o acento como andar en bicileta non se perde nunca, salvo que un estea disposto a caer da bicicleta. O que si pode pasar é que o ficar na capital desta unha grande e livre se perda a identidade. Pero estou segura que esto a ti non che pasará.
Biquiños con moito acento para que non o esquezas.