Le Petit Prince

Lembras cando de pequenos pensabamos que era unha casa no medio do mar?

A pesares da auga xeada non tiñamos forza para regresar á lancha, o mundo que nos esperaba entre as rochas e as algas era tan marabilloso que o frío non supoñía un problema. Cánto recordo os últimos baños ao anoitecer, semellaban ser unha maneira de olvidar os momentos tristes que tivemos este verán. Cando estás no medio da ría, o sol se escorrega no horizonte e Venus lle fai as beiras á lúa, daste contas que non hai problema sen solución. E que o que non ten solución non é un problema, é pasado.

martes, 1 de abril de 2008

22'47''57


Xa queda pouco para a maratón, só un suspiro. Eu tiña moita ilusión en correla, pero a lesión vaime impedir facela enteira. Non sei canto tempo aguantarei. Hoxe fun correr, despois dun mes e medio, e corrín 22 minutos, ao principio sen dolor, aos 10 minutos apareceron as molestias, e cando rematei xa tiña dor, non moita, pero dor ao fin e ao cabo.
Se aguanto 22 minutos o domingo en París, serán aos millores, rodeado de 35000 persoas, con Santi e Miguel, dous bos amigos, con Guille o adestrador, e outros amigos do INSA, que veñen a nos animar, berrando e aplaudindo, cos pelos de punta e lembrándome moito do meu tío Chiruco e sobre todo do meu irmán Juan, e aínda que só sexan 22 minutos desexarei en cada segundo destes que o ano que ven a poidamos correr os tres xuntos, e nesa ocasión si rematala.

2 comentarios:

Mr.Fer dijo...

Que grande. Ya por estar ahi te mereces todo el reconocimiento, pero en el momento mas inoportuno siempre aparece el amigo Murphy.

Nada Xabi, ya sabemos que lo daras todo, que es lo que cuenta, que vaya bien.

Un abrazo !!!.

Anónimo dijo...

Staying on track with Gaz de FRANCE32nd MARATHON de Paris J. OROZCO CORREDOIRA unofficial results 04h23mn41s
Position 18496

;) BOÍSIMA.