Le Petit Prince

Lembras cando de pequenos pensabamos que era unha casa no medio do mar?

A pesares da auga xeada non tiñamos forza para regresar á lancha, o mundo que nos esperaba entre as rochas e as algas era tan marabilloso que o frío non supoñía un problema. Cánto recordo os últimos baños ao anoitecer, semellaban ser unha maneira de olvidar os momentos tristes que tivemos este verán. Cando estás no medio da ría, o sol se escorrega no horizonte e Venus lle fai as beiras á lúa, daste contas que non hai problema sen solución. E que o que non ten solución non é un problema, é pasado.

jueves, 18 de septiembre de 2008

TONCETE

Non son capaz de lembrar o día que o coñecín, os recordos son moi vagos, el era compañeiro do meu irmán en arquitectura, e tamén compañeiro de traxecto no bus Fene - A Coruña. Foi dos meus primeiros amigos da universidade, e iso que estaba nun campus distinto. Comezamos a xogar xuntos ao fútbol para pasalas tardes do venres, e pouco a pouco foron convertíndose en sábados e en partidas na pista de Fonte do Campo onde había até 3 ou 4 equipos esperando a entrar. Qué tempos! Nós todavía resistimos, e esa pista algún día levará o noso nome. O de todos.
Dicía que os comezos son borrosos, pero os finais non. Sempre xuntos na praia. O ano pasado o último día que fun bañarme, o día antes de irme a Lyon, fun con el, (a foto do anoitecer é ca fixemos coa súa cámara). Este ano, xa de volta o último día antes de entregalo proxecto estiven con el, na praia, e na súa casa.



Axudoume a maquetar uns planos


Aquí nos felicitamos polo resultado

mentras escoitábamos a Otis Redding, "The dock of de bay",



e nos vacilabamos

"tornillero"
"decorador"
"cuadriculado"
"bohemio"

grazas Toncete.

Aos amigos hai que coidalos, e el faino comigo, así que lle debo unha e mil.

5 comentarios:

Freeman dijo...

creo q soy homofobo (despues de leer esto)

Freeman dijo...

no pense q pertenecieras a tan estimado gremio, el de los censuradores

Anónimo dijo...

Gracias por el post Xabi!!! espero que los planos te ayuden a trabajar en Royal City...

joseangel dijo...

ey tio, a ver si pones los ultimos dias del camino, que va a parecer que yo no estuve ahi... joder, con lo que me costo!!!

Miguel dijo...

ayer conoci a toncete....un fenomeno sin duda...a ver si repites tu visita!!