Le Petit Prince

Lembras cando de pequenos pensabamos que era unha casa no medio do mar?

A pesares da auga xeada non tiñamos forza para regresar á lancha, o mundo que nos esperaba entre as rochas e as algas era tan marabilloso que o frío non supoñía un problema. Cánto recordo os últimos baños ao anoitecer, semellaban ser unha maneira de olvidar os momentos tristes que tivemos este verán. Cando estás no medio da ría, o sol se escorrega no horizonte e Venus lle fai as beiras á lúa, daste contas que non hai problema sen solución. E que o que non ten solución non é un problema, é pasado.

jueves, 5 de junio de 2008

CAMBOIA


Levo bastante tempo se escribir, unha semaniña, case nada. Estou moi liado co proxecto.

Levamos tres semanas seguidiñas con choiva, todos os días. Agás o martes e o mércores...non parou. Chove con forza. De vez en cando aparece o vento. Os vellos do lugar din que o normal é que faga calor. Sol. Pero non é así.

O primeiro que fago ao espertarme é mirar pola ventá, e chove, vexo as árbores que se as cousas foran como Deus manda me deberían dar sombra, e tamén a moitos asiáticos.
Resumindo, chove moito, vai vento e hai moitos asiáticos e árbores verdes, resultado estou en Camboia. Vale, pero se non é Camboia será Laos, ou algo do estilo.

Uff, que aburrido, menos mal que cando asoma unha raiola de sol Miguel e eu imos a dar unha volta en bici. O martes depois de cear, seguindo o curso do Rhône até o estadio de Gerland, onde xoga o Olimpique de Lyon, e onde hai un parque realmente belo. Os deseños do mobiliario urbano e dos edificios que o rodean son dignos de ver, lembreime de Juan. A novidade é que esta vez foi a miña bici a que se averiou, pinchazo, hoxe o amañamos. Desta Miguel librou. Que ilusión!

No hay comentarios: