Le Petit Prince

Lembras cando de pequenos pensabamos que era unha casa no medio do mar?

A pesares da auga xeada non tiñamos forza para regresar á lancha, o mundo que nos esperaba entre as rochas e as algas era tan marabilloso que o frío non supoñía un problema. Cánto recordo os últimos baños ao anoitecer, semellaban ser unha maneira de olvidar os momentos tristes que tivemos este verán. Cando estás no medio da ría, o sol se escorrega no horizonte e Venus lle fai as beiras á lúa, daste contas que non hai problema sen solución. E que o que non ten solución non é un problema, é pasado.

sábado, 23 de febrero de 2008

MES AMIS. мой русский друг


Son moitas as experiencias que un vive lonxe da casa. Son moitos os lugares que se coñecen. E son moitas as persoas que nos prestan os seus recordos, que nos falan dos lugares onde viven, que coma nós, idealizan o seu entorno. Algúns son de zonas moi pobres, lugares moi fríos ou do deserto. Lugares sen auga potable, sen electricidade continuada,... pero todos sen excepción aman aos seus países, e falan deles coma se fora o País de Nunca Xamais, porque foi onde naceron, onde aprenderon a sorrir, e onde choraron por primeira vez.

мой русский друг
meu amigo ruso

Slava, foi a primeiro persoa extranxeiro a quen coñecín, é ruso, estuda en Alemaña, e agora marcha de novo a Dresden pra finalizar o proxecto fin de carreira. Slava gañouse o cariño de todos, aprendeu algunhas palabras en castelán e tamén que Galiza é distinta do resto de España. A súa vila natal ésta a 500km de Afganistán, un lugar no que no inverno pasan días a -20ºC. Slava é irónico, educado, extrovertido e moi traballador. Slava é o noso amigo. A todos nos dá moita mágoa a súa marcha, por que sabemos que quizais, probablemente, nunca máis o voltemos a ver.
É o noso amigo porque nos deixou un recordo imborrable.

À BIENTÔT MON AMI

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Gostame o que dis dos amigos

xabi dijo...

moitas grazas, son cousas que un aprende na casa