Le Petit Prince

Lembras cando de pequenos pensabamos que era unha casa no medio do mar?

A pesares da auga xeada non tiñamos forza para regresar á lancha, o mundo que nos esperaba entre as rochas e as algas era tan marabilloso que o frío non supoñía un problema. Cánto recordo os últimos baños ao anoitecer, semellaban ser unha maneira de olvidar os momentos tristes que tivemos este verán. Cando estás no medio da ría, o sol se escorrega no horizonte e Venus lle fai as beiras á lúa, daste contas que non hai problema sen solución. E que o que non ten solución non é un problema, é pasado.

martes, 19 de febrero de 2008

O CINE

Onte fun ao cine.

Foi a primeira vez dende que estou aquí. Fun con Pauline, a miña profesora de francés, a ver Cloverfield. É unha auténtica americanada, os efectos especiais moi bos, pero por outra parte moi previsible. Que fora tan previsible axudoume a seguir a idea, por que as películas aquí son en versión orixinal, pero subtituladas en francés. É como protexen o seu cine.

Cando saín tiña a cabeza como unha peonza, tantos efectos, tanto dolby sourround, e tanto inglés e francés me deixaron medio noqueado, hahaha!
Despois voltei ao meu estudio, dando un paseo moi agradable, a pesar da temperatura.


O cine está neste lugar chamado Cité Internationale, pegadiño xusto á Interpol, hehehe.

No hay comentarios: