Le Petit Prince

Lembras cando de pequenos pensabamos que era unha casa no medio do mar?

A pesares da auga xeada non tiñamos forza para regresar á lancha, o mundo que nos esperaba entre as rochas e as algas era tan marabilloso que o frío non supoñía un problema. Cánto recordo os últimos baños ao anoitecer, semellaban ser unha maneira de olvidar os momentos tristes que tivemos este verán. Cando estás no medio da ría, o sol se escorrega no horizonte e Venus lle fai as beiras á lúa, daste contas que non hai problema sen solución. E que o que non ten solución non é un problema, é pasado.

miércoles, 5 de marzo de 2008

LE MENU DE CE SOIR: RIZ À LA CUBAINE

O sinto

Non é a miña culpa, pero o sinto. Eu quería que nevara. Nevou. Pero tamén quería que ao espertar os xardíns, e os camiños estiveran brancos, e non foi así. Non hai foto. Á mañá fun a clase, ás 8, e estaba nevando. Facía sol e moito vento. Até o anfiteatro teño 5 minutos, parece pouco tempo. Pero con 0ºC, vento e caendo uns copiños faise moi longo. As orellas quedaronme xeadas. E só eran 5 minutos.

Vai frío e moito vento. Cando voltaba, facía sol, pero moitos iamos coas caperuchas postas. Fixeime, xa non quedan margaritas, nin as primeiras flores das árbores. Pero me gusta o frío. Déixanos a cara tersa. E ao chegar á habitación sintes que é o teu fogar, e que en poucos sitios se pode estar tan ben. A calefacción funciona todo o día, e se antes de marchar cocinaches algo podemos ter a sorte de ulir comida. Entón pecho os ollos, e paréceme que estivera no umbral da casa (Fene), co meu pai cociñando, esperándome para facerlle de pinche (pelapatacas para que todos nos entendamos) mentras escoitamos as novas na radio.

Menú

Eu estou só, e mentras cociño, desdóbrome e fago de pinche, poño o telexornal de France2 no ordenador e vexo que en España as cousas aínda podían ser peor



O señor, por dicir algo, que vedes é Jean-Marie Le Pen. Supoño que o coñecedes, pero por se non é así vos deixo dúas notas do seu programa para as eleccións municipais do vindeiro domingo:

-"deter a inmigración que tira os vosos salarios ao chan"
-"redistribuir aos Franceses as axudas sociais despilfarradas en proveito da inmigración"

pode que vos soe a algo...unha pista: debate

No hay comentarios: