Le Petit Prince

Lembras cando de pequenos pensabamos que era unha casa no medio do mar?

A pesares da auga xeada non tiñamos forza para regresar á lancha, o mundo que nos esperaba entre as rochas e as algas era tan marabilloso que o frío non supoñía un problema. Cánto recordo os últimos baños ao anoitecer, semellaban ser unha maneira de olvidar os momentos tristes que tivemos este verán. Cando estás no medio da ría, o sol se escorrega no horizonte e Venus lle fai as beiras á lúa, daste contas que non hai problema sen solución. E que o que non ten solución non é un problema, é pasado.

viernes, 7 de marzo de 2008

SIRIUS

TIPOS

Os días podemos clasificalos de varias maneiras. Unha sinxela e que me agrada é que poden ser moi malos, malos, normais, bos e moi bos.

A probabilidade de que os días sexan dunha forma ou outra sigue a distribución gaussiana.
É dicir, o habitual e ter días normais, pff, nin ben nin mal, para o que puido ser non foi nada,...Os días malos están en menor cantidade que os bos, ainda que esto depende moitísimo da personalidade de cada un, aínda así desviación é pouca. Os moi malos son quizais os menos habituais, pero os que máis duran na memoria. E por último temos os días moi bos. Estos son os que nos dan un motivo para continuar. Non nos lembramos tanto destes pero un deles vale para superar tres malos.

Onte tiven a miña primeira clase de español con Abdel. Abdel é un compañeiro, un amigo do Tchad. Fala con paixón do seu país, das paisaxes, da xente. Doulle clases de español porque o ano que ven irá a Barcelona a rematar a carreira. De paso eu practico francés.


Á noite saín dar unha voltiña con Guille e Bea, e movendo as cadeiras nun barco sobre o Rhone coñecín a Cathy, non moito a verdade, había pouca luz ;) pero teño o seu teléfono e ...

EDUCACIÓN E CAFÉ

Pola mañá fun á oficina de relacións internacionais, a facer unhas xestións. A señora que traballa alí é simpática, aínda que algo tímida. Como a millor maneira de conseguir as cousas con celeridade é sendo educado, apliqueime no cometido. "Bos días" "Bos días", "Humm!! que ben ule! Café" "Si, haha!", "Quería enviar un fax..." "por suposto", fixen o envío, e saín da oficina, entretívenme lendo propaganda de concertos, e a señora saiu, "queres tomar un café?" "non, moitas grazas, simplemente era que me ulía moi ben", "por favor, se só é un café" "ben, pois si, moitas grazas". Todo en francés, hahaha!! e que xa me vou soltando ...

No hay comentarios: